Hathor , nome co significado de Casa de Horus.
Señora do ceo, deusa do amor, deusa nutricia, do baile e as artes musicais e patrona dos ebrios na mitoloxía egipcia. Foi unha das deusas mais beneradas do Antigo Exipto
Iconografía: Representada baixo tres aspectos:
- En forma de vaca.
- Como muller con orellas e cornos do mesmo animal.
- Como muller cun tocado consitente nunha peluca, cornos e un disco solar.
O seu atributo era o sistro. Na súa faceta vingadora comparte en moitas ocasións o aspecto leonino da deusa Sekhmet, e baixo esta forma e considerada como un dos ollo do deus solar Re.
Mitoloxía: Foi a nai do deus Horus, aínda que algunhas fontes suxiren que había un matrimonio sagrado con Horus como parte do festival anual en Luxor. Xuntos vingaron a morte do pai de Horus, o deus Osiris.
Xa que o faraón é identificado con Horus, Hathor é considerada como a nai divina de cada monarca reinante (entre os títulos reais figura o de Fillo de Hathor). Baixo a forma dunha vaca acolle e protexe aos defuntos, ofrecendo alimentos aos mortos. Máis tarde se identificou con Isis, que a reemplazou como madre de Horus.
En Dendera, onde se atopaba o seu principal centro de culto, era a deusa do amor, a maternidade, a beleza xuvenil, a alegría e o erotismo.
Tivo templos dedicados en Abu Simbel – identificada con Nefertari –, File, Deir el-Medina, Deir el-Bahari, Dendera, Serabit el-Jadim (Sinaí) ou Menfis Na súa faceta funeraria, especialmente na zona oeste de Tebas era denominada Señora de Occidente. Entendíase que cada atardecer recibía o sol poñente, ao que protexía ata o seguinte amencer. Entre os seus poderes críase que podía fixar o destino e a sorte dos meniños.
A imaxe da cabeza da deusa foi esculpida nos capiteis das columnas de moitos templos e capelas, denominándose capiteles hathóricos. Era a única deidade que foi representada de tan singular maneira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario