viernes, 30 de abril de 2010

Thor el Dios del Trueno


Thor é un deus de cabelos rubios e barba, que representa a forza da natureza (trono) na Mitoloxia Nórdica e tamén na Mitoloxía xermánica. Capaz de convocar treboadas, é o fillo de Odín -o deus supremo de Asgard e Jord a deusa de Midgard (a Terra) . Durante o Ragnarök, Thor matará e será morto por Jörmungandr, a gran serpe de Midgard.

El era grande aínda para ser un deus e extremadamente forte. Thor gustaba das disputas de poder e era o principal campión dos deuses contra os seus inimigos, os xigantes de xeo. A arma de Thor era un martelo de guerra máxico, chamado Mjolnir (que lanzaba raios de luz) cunha enorme cabeza e un mango curto e que nunca erraba o golpe e sempre retornaba ás súas mans. Tamén se servía dunhas luvas de ferro máxicas para suxeitar o mango do martelo branco e o cinto Megingjard que dobraba a súa forza, fóra da guerra axudaba os labregos co seu martelo e viaxaba nunha carroza tirada por carneiros. Tamén protexía os recén casados e daba fertilidade.

A súa esposa era Sif, a deusa da colleita, con quen tivo a filla Thrud; e da súa unión coa xiganta Jarnsaxa tivo os fillos Magni e Modi. . Os animais de Thor eran o carneiro, o bode e a aguia. Thor era sempre presentado co seu martelo. Thor matou a serpente Jormungand.

A Thor gustáballe a compañía de Loki, a pesar do seu talento de embusteiro para colocar a ambos en situacións difíciles. As historias das súas aventuras están entre as máis ricas da mitoloxía nórdica. No panteón nórdico, Thor era o destrutor do mal e o segundo maior expoñente dos deuses Aesir.

No Ragnarok, a tarefa de Thor era matar a cruel Jörmungandr ou Serpe Midgard (unha serpe que envolve a Terra), filla de Loki, mais el morrerá tamén no combate, debido ao veleno do seu inimigo.

Thor era un deus extremadamente popular, aparece citado frecuentemente en inscricións rúnicas e aparece nos himnos de louvanza dos poetas islandeses.

Os anglo-saxóns deron o nome de Thor ao quinto día da semana, Thursday ou sexa "Thor's day" (o día de Thor), xoves en inglés).

No hay comentarios:

Publicar un comentario